Compromiso coa Investigación, o Desarrollo e a Innovación.

Proyecto de I+D+i nas costas Galegas.

Abeconsa promove un proxecto de I+D+i que ten como finalidade analizar as características das ondadas das costas Galegas e a súa relación coa eficacia e resistencia estrutural dos diques flotantes en distintos escenarios.

O proxecto denomínase "Análise Estrutural e Hidrodinámico do dique flotante instalado na Área Náutico Deportiva de Marina Coruña", cuxa estrutura de 400 metros de lonxitude, dividida en dúas partes, o posiciona como un dos diques máis grandes a nivel europeo, dentro da súa categoría.

O proxecto está co-financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación) e desenvólvese en colaboración coa Universidade da Coruña (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) e Valora Consultores de Gestión.

Os resultados non só terán aplicación directa en futuros proxectos de Abeconsa senón que tamén se transferirán ás Administracións Portuarias, así como ao sector privado de consultoría, enxeñaría e construción.

Sistema constructivo industrializado, para a execución de edificacións de varias plantas, dende cota cero, mediante paneis portantes lixeiros.

Abeconsa promove un proxecto de I+D+i que ten como finalidade desarrollar e poñer en valor unha metodoloxía de construcción de edificios sen trabajar “en altura”.

O proxecto está co-financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación) e desarrollase en colaboración coa Universidade da Coruña (Departamento de Construccións Arquitectónicas da Escola Superior de Arquitectura e a Fundación Universidade da Coruña) e Valora Consultores de Gestión.

Os resultados non só terán aplicación directa en futuros proxectos de Abeconsa senón que también se poderían poñer ao alcance das Administracions Públicas e, no sector privado, de empresas constructoras, enxeñerías e consultoras.

Teléfono: 981 352 212

Fax: 981 352 290

Avda. de Esteiro, 56-58

15403 Ferrol (A Coruña) - España.

Abeconsa pertence ao

grupo Fomento de Iniciativas:

web grupo Fomento de Iniciativas