A cultura organizativa de Abeconsa, en parte, baséase no traballo en equipo, o compromiso dos traballadores e a elevada cualificación destes, todo iso enfocado á satisfacción dos nosos clientes.
Actualmente, Abeconsa posúe un grupo humano de traballadores con elevada formación académica e experiencia no sector.
Dentro deste equipo contamos con persoal técnico moi cualificado, en todos os estamentos organizativos (Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiros Industriais, Arquitectos Técnicos, etc.).
Se estás a buscar un traballo nunha compañía que valora a profesionalidade, a honestidade, a implicación e o traballo en equipo, Abeconsa ou o Grupo Fomento de Iniciativas poden ser a túa opción.
A través da páxina web de emprego do Grupo, invitámoste a que nos envíes o teu currículoe engadirémoste naqueles procesos de selección e ofertas de emprego nos que consideremos que podes lograr un desenvolvemento profesional axeitado. Tamén pasarás a formar parte da nosa base de datos, poñendo á túa disposición a opción de manter actualizado o teu currículo mediante unha clave de acceso persoal que recibirás por e-mail unha vez te deas de alta.